sábado, 30 de noviembre de 2013

A Guerra Fría

Parece unha burla a través do filtro do tempo. O día 11 de Novembro de 1989 acabouse a Guerra Fría. Cinco anos despois verías a luz por primeira vez, trescentos cincuenta e catro días eu. Un ano ao que se lle restaban tamén once, neste caso once días. É curioso que tamén un día once un avión destrozase dous edificios e miles de almas. Hai moitas formas de acabar. Xa caeu a noite. Cando nos dimos conta todas as estelas dos bólidos estaban desdebuxadas entre liñas rosadas e azúis no máis alto do ceo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario