sábado, 30 de noviembre de 2013

Anónimos

Cando saibas de min, intenta non dar portazo aos meus recordos. Pensa que levarán días, meses ou incluso anos vagando e mendigando por aí, abrazándose a calquera excusa para poder pronunciarse, á espera de que alguén os acollese, os escoitase e lles dese calor. Son aqueles recordos que fabricamos xuntos, coas mesmas mans coas que construímos un futuro que xamáis foi, son esas anécdotas estúpidas que só nos fan gracia a ti e a min, escritas nun idioma que xa ninguén practica, outra lingua morta a mans dun paladar exquisito.
Dalles cobixo. Préstalles algo, calquera cousa, ainda que só sexa a túa atención.
Porque si alguún día sabes de min, iso significará moitas cousas. A primeira, que por moito que o intentei, non puiden irme tan lonxe de ti como eu quería. A segunda, que por moito que o desexaches, ti tampouco poideches quedarte tan cerca de onde algunha vez fumos felices. Sí, feliz. Que o teu mundo e o meu siguen cun pronóstico estable dentro da gravidade. E que calquera resta é en realidade unha suma disfrazada de cero, unha volta a calquera sitio menos ao lugar do que se partiu.
Nada de todo isto debería turbar nin alterar a túa existencia o día que saibas de min. Nada de todo isto debería deixarte mal. Pensa que ti e mais eu puidemos con todo. Pensa que todo se puido e todo se tivo, ata o final.

No hay comentarios:

Publicar un comentario