lunes, 25 de noviembre de 2013

Baixo cero

Facía un frío denunciable ao aterrizar naquela estación. O flashback do recordo dunha tarde oscura na que o vacío da tua presencia facía que me estremecese na sombra das bombillas que iluminaban a porta xiratoria, a que ainda contiña o fume das túas respiracións contamiadas. O transcurso das tuas miradas e dos teus sorrisos eran un eco do silencio que nos atormenta. O vento bateunos na cara. Era como un engano, o mesmo no que vivíamos atrapados. Un día tan claro e á vez tan xélido. En tódolos extremos do universo. Como levar o mundo as nosas espaldas. Como un río de augas turbulentas. Unha cidade que ten unha cor especial levábame de volta a recordos do verán, pero que poderían ser facilmente parte do inverno. O medo a un reencontro. Ao silencio. O vacío máis absoluto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario