martes, 9 de julio de 2013

Xerseis

Como tódolos cambios de estación abrín o armario e púxenme a cambiar a roupa, esta vez algo máis seriodiamente, porque aínda que agora o asedio é total e incesante, o calor chegou con timidez, para non soltar os nosos corazóns. Non  parecía haber problemas ata que tras os lixeiros aínda que no fondo agudos dores na alma despois de ver a través da caixa transparente os xerseis que me quentaran as noites do verán pasado, aquel verán anterior, os seus xerséis. Agora, evitando miralos dispúxenme a botar abaixo todos aqueles que estaban no terceiro estante empezando por arriba, ou no primeiro, comezando por abaixo. Dúas baldas cuxo contido foi parar ao chan. Cando rematei introdtiucín a man por última vez, por si acaso restaba algo. E sí. Alí estaba, como en cada cambio de estación, como cada verán, ou cada outono. Falo dun xersei de la, de fondo branco, cunha manga rosa e outra azul, e cunha cinta violácea, feito a man. É o único que me queda dela ademais do recordo, un remorso que só voa nalgunhas ocasións, cando penso como serían as cousas se ela, ou máis ben, si eles estivesen aquí. Téñoo agochado no fondo do armario porque penso que si algún día alguén o descobre vaime facer separarme del, por iso está aí, e cando marche a Santiago virá conmigo, xa mas apañarei e non sei como, pero virá. Por iso penso que no fondo teño moitísima sorte, quédanme os mellores avós do mundo, pero xa nunca ninguén me fará un xersei, e si mo fai, nunca será un xersei como ese, o meu xersei, o da miña infancia, o calor do meu corpo nas noites de frío.

martes, 2 de julio de 2013

-

As engurras na pel son a marca de identidade de aqueles dentes que lle marcaron a vida. As noites de verán cando o aire do norte comezaba a refrescar aquelas tardes que deixaban un color tostado na pel de quen se deixaba mecer nos quentes brazos do sol. Os peixiños de cores eran un leve produto da súa imaxinación, xa fráxil, desgastada polos anos, plagada de recordos polos corredores valeiros da súa mente de lunática, de habitante de aquel mundo paralelo ao que se mudou despois daquel verán. Sempre en verán. Cada vez que entraba no autobús contiña a respiración por si o seu perfume estaba contido naquel pequeno espacio hermético, facíao igual que contiña as bágoas ou os pensamentos cando puña os pés cerca daquela praia que tantas veces os víu anoitecer, aquel mismo mar, como a friaxe que comezaba a adentrarse no corpo, naqueles que só tiñan que acercarse para acenderse e esquecer aquel agosto que comezaba a acabar con eles. E a partir de aí nada máis tivo solución. Morreron súbitamente, aínda que a agonía que sufriron durou ata moito despois. Ainda non chegou o día no que alguén conseguise arrastrar e, como unha onda de verán, levarse todo aquilo por diante e comezar de novo, outra nova marea.