sábado, 30 de noviembre de 2013

A Guerra Fría

Parece unha burla a través do filtro do tempo. O día 11 de Novembro de 1989 acabouse a Guerra Fría. Cinco anos despois verías a luz por primeira vez, trescentos cincuenta e catro días eu. Un ano ao que se lle restaban tamén once, neste caso once días. É curioso que tamén un día once un avión destrozase dous edificios e miles de almas. Hai moitas formas de acabar. Xa caeu a noite. Cando nos dimos conta todas as estelas dos bólidos estaban desdebuxadas entre liñas rosadas e azúis no máis alto do ceo.

Anónimos

Cando saibas de min, intenta non dar portazo aos meus recordos. Pensa que levarán días, meses ou incluso anos vagando e mendigando por aí, abrazándose a calquera excusa para poder pronunciarse, á espera de que alguén os acollese, os escoitase e lles dese calor. Son aqueles recordos que fabricamos xuntos, coas mesmas mans coas que construímos un futuro que xamáis foi, son esas anécdotas estúpidas que só nos fan gracia a ti e a min, escritas nun idioma que xa ninguén practica, outra lingua morta a mans dun paladar exquisito.
Dalles cobixo. Préstalles algo, calquera cousa, ainda que só sexa a túa atención.
Porque si alguún día sabes de min, iso significará moitas cousas. A primeira, que por moito que o intentei, non puiden irme tan lonxe de ti como eu quería. A segunda, que por moito que o desexaches, ti tampouco poideches quedarte tan cerca de onde algunha vez fumos felices. Sí, feliz. Que o teu mundo e o meu siguen cun pronóstico estable dentro da gravidade. E que calquera resta é en realidade unha suma disfrazada de cero, unha volta a calquera sitio menos ao lugar do que se partiu.
Nada de todo isto debería turbar nin alterar a túa existencia o día que saibas de min. Nada de todo isto debería deixarte mal. Pensa que ti e mais eu puidemos con todo. Pensa que todo se puido e todo se tivo, ata o final.

lunes, 25 de noviembre de 2013

Baixo cero

Facía un frío denunciable ao aterrizar naquela estación. O flashback do recordo dunha tarde oscura na que o vacío da tua presencia facía que me estremecese na sombra das bombillas que iluminaban a porta xiratoria, a que ainda contiña o fume das túas respiracións contamiadas. O transcurso das tuas miradas e dos teus sorrisos eran un eco do silencio que nos atormenta. O vento bateunos na cara. Era como un engano, o mesmo no que vivíamos atrapados. Un día tan claro e á vez tan xélido. En tódolos extremos do universo. Como levar o mundo as nosas espaldas. Como un río de augas turbulentas. Unha cidade que ten unha cor especial levábame de volta a recordos do verán, pero que poderían ser facilmente parte do inverno. O medo a un reencontro. Ao silencio. O vacío máis absoluto.

lunes, 18 de noviembre de 2013

17 de Novembro

O tren levábanos ao mesmo destino, na misma dirección. Dormitaba entre estación e estación. Parándoseme o corazón na túa, e volvendo ao transcurso normal ao presenciar a túa ausencia. Aparente ausencia. Eu sentía que tiñas que estar aí, igual que o sinto cada vez que estás cerca. Ainda que ningún dos dous o saibamos. Saímos. O frío metéusenos no corpo e volveu a saír. Avanzamos uns metros. Tiven tentacións de coller un taxi. Pero non. Ía moi cargada. Parei un par de veces ata atoparte. En realidade ningún dos dous o pretendía. Pero ambos sabíamos de algún modo ou outro que algún día nos íamos atopar.. Ou quizáis ti non. E entón foi cando ocorreu. A túa presenscia rozoume, levantei a mirada e aí estabas. Acompañado dun grupo de rapaces, cargando equipaxe. O azar quixo que ti foses o máis próximo a min. E non sei como foi. Pero durante unha milésima de segundo cruzáronse as nosas miradas, cunha aparente indiferencia, cun falso vacío de sentimentos. O que non puidemos evitar foi o corazón desbocado, o fallo cardíaco, o impulso humano, o ardor nas meixelas. Cando reaccionei empecei a camiñar, con tal frenesí que obviara que me puxera diante túa no paso de peóns.. Foron sólo uns segundos, pero a pesar do sonido atronador dos cascos na miña mente, coa única intención de ensordecer os meus pensamentos, todo parecía pasar moi despacio. Escoitaba a túa voz as miñas espaldas. Escoitaba o eco do tempo e podería miralo aos ollos só con volver a cabeza cara atrás. Estabamos a escasos centímetros. A luz cambiou, iluminando a noite de plenilunio cun verde de resignación. E corrín o máis rápido que puiden cargada coas maletas. E tiña tentacións de volver a cabeza e gritar. Pero seguín correndo. Nin siquera vin a tua sombra na escuridade cando por fin frenei para coller un bus que nunca chegaría. Nin contaba con vela. Desapareciches no vacío da noite, na profunda escuridade. No frío infernal. Pero eu morría de calor. Fun consciente de que era domingo cando levaba un rato esperando o bus, que non daba chegado. E entón seguín percorrendo a pequena cidade, a velocidades inconsiderables para o peso que levaba conmigo. E cruceina enteira. E non sabía que sentir. De repente sentinme forte ante a situación. Só era capaz de escoitarme a min mesma. Superara o primeiro asalto. Comportárame como un ser humano. Cando estaba casi chegando dinme conta da posición da lúa, un reflexo brillante e mortecino sobre as nosas cabezas, onde quixera que estiveses nese momento, pero baixo o mesmo ceo, á mesma temperatura, co mesmo pensamento rondándote a cabeza. Sempre tiveches a irrevocable necesidade de creerte sentir máis forte, impenetrable cara o exterior, pero sabía exactamente o que che estaba pasando pola cabeza naquel preciso instante. Non esperabas atoparme aquí, xa o sei. E as nubes rodeaban a lúa, como un presaxio. E de repente, como unha película do pasado, unha sucesión incesante de imaxes, estaba aturdida. Cheguei a habitación e comecei a desnudarme. E o frío apoderouse do meu corpo. Chamei a casa e din indicios da miña valentía. Logo tiven ganas de bailar, de chorar.. E pouco a pouco conseguín afastar o pensamento que me aprisionaría, todo eso só si fose capaz de recordar. Pero os meus soños traicionáronme, coma sempre. E alí me atopaba unha noite máis, soñando coa túa presenza, como facía dende había tantos meses intermitentemente, pero sempre, ainda que fose nos soños mais inconscientes. E espertei e volvín a soñar desperta. O día hoxe amenceu gris e frío. Como reflexo dos teus ollos no mar. Como unha praia en inverno, cuberta de area branca, palidecida polo frío e non pola neve. Abrigada só pola calor dos namorados e dos valentes que arriscan a súa vida por un pedazo de océano.
Ningún dos dous poderemos olvidar nunca. Só temos que intentar curarnos desta ferida sangrante.

jueves, 14 de noviembre de 2013

El río y el mar

Un año no es nada, pero puede serlo todo.. De repente, hablando por teléfono te das cuenta de lo rápidos que se escapan los días, de como asombrosamente se nos han escurrido de entre los dedos y se han convertido en más que en una sucesión de días y meses. Cada uno tiene una concepción diferente del momento en que nos conocimos. Para ti ya pasaron dos años, una tarde abrasadora de verano.. Pero ahí solo me observabas de lejos. Y de un extremo pasamos a otro, una tarde de frío cavernal, con un chocolate caliente entre las manos, que era lo único que nos daba calor en el cuerpo. Y de repente viniste acompañado y me presentaron, y tu sonrisa iluminó la tarde extremadamente gris. Y de nada pasamos a ser todo. Al principio una vez a la semana, luego todos los días. Ahora no podemos pasar sin llamarnos, aunque solo sea por escucharnos al otro lado de la línea. Aunque solo sea por el placer de sonreír. Porque siempre tienes todo y nada que contar. Lo que parecía una tontería se fue convirtiendo en algo superior. Eres capaz de ser mis ojos y mis oídos, y a la vez de juzgarme incluso menos que mi subconsciente, aunque no escuche tus consejos. Eres la figura alta que se dibuja en mi mente cuando necesito desahogarme. Eres un campeón. Un jurista. Eres los brazos más grandes que me han abrazado. Y los que nunca he querido que me soltasen. Eres las ganas de llorar en la estación. Eres el de las notas de voz los jueves por la noche, o quizás los sábados. Eres el de los vídeos que me hacen reír, tus historias.. Eres Gon, Gonzalito.. Eres el de las sonrisas. El rey del Eume. El de las historias. Eres un cielo. Eres una gran persona. Eres tantas cosas.. Pero ante todo eres mi mejor amigo. Y eso lo has construído día a día, y nadie lo puede negar. Pocas personas están a tu altura. Y al fin y al cabo. Ninguna me entiende como lo haces tu. No cambies eso nunca

Bottom of the ocean

Dalgunha maneira quedei marcada na tua mirada, nesos ollos de color indefinido, que miran ao lonxe como unha estrela incandescente. Moitas veces somos capaces de ignorar o que realmente queremos polo ben dos demáis, ou dun mesmo. Estamos sempre tan cegos... Como nos custa ver a sombra da xente a quen queremos, e que cegos estamos coa luz de quen esta sempre. Podemos sufrir a gritos ou en silencio. Sempre amamos desesperadamente. Algún factor que descoñezo desconcerta todo o que me rodea coa tua presenza. Non somos de ningún lugar, e, ás veces somos de varios. Arañándonos as meixelas de rabia, buscando respostas que nunca atoparemos. Deixemos paso a memoria, a memoria que é construída non só por nós, si non por calquera que nos rodee, por iso non podemos conformar os nosos recordos nun bafo de esperanza e ilusión. Ou si.

martes, 12 de noviembre de 2013

Folerpa

Cando saín da cafetería, os dentes estrelábanme do frío, metéraseme no corpo e xa non sairía máis. Acompañoume a casa, espertando un sorriso por cada mirada. Caíra a noite, e con ela corríamos risco de caer nós. Unha man entre as suas naquel lugar acolledor e logo un nunca indefinido que me facía morrer conxelada. Unha marea de nubes trouxo con elas unha onda mollada sobre as nosas cabezas. Tivemos tentacións de saír correndo. E de repente chegamos ao noso destino, iluminábanos a cara unha luz ténue procedente do interior, iluminábanos a mirada un lume interno que se apoderou de nós, nunha sucesión de latexos sen respiración, nunha unión feroz e salvaxe, nun desexo absoluto. Parécenos, pero sí, pasaron tantos días dende aquela primeira vez, dende o primeiro sorriso.. Pero nada diso existe xa. E eu espero estúpidamente impaciente a que a luz entre pola miña xanela, espero que me esperte co son do teu ar, que rompas as miñas ventás, e que entres como o aire.


"Cuatro mil días después de aquel año obcecado detecto que al fin te dignaste a cumplir con la cita inaludible, y me alegro, y me enfado a la vez. Después de estudiar con cuidado este caso ejerciendo a la vez de fiscal y abogado, de juez imparcial, sentencio lo nuestro, diciendo que el fallo más grande pasó por guardar solamente los días más gratos, y olvidar los demás. Mirarte de frente, admito en voz alta, que no pocas veces he sido tentado en coger la esperanza y lanzarla sin más a la fosa común, donde yacen los sueños, que nos diferencian. Tal vez, has pensado en renunciar, yo aún no.Tal vez, has pensado en crecer más, más no. Tal vez te conseguiste equilibrar, yo aún no. Vamos a correr el gran sprint final, y al cruzar la línea los dos ganarán. Voy a romper las ventanas, para que lluevan cristales, ven a romper las ventanas, ven a gritar como antes, ven a romper las ventanas y a hacer del caos un arte, voy a romper tus ventanas, y voy a entrar como el aire."

Querería saber de ti, porque a min seguen sen deixarme indiferentes as tuas miradas.