lunes, 18 de noviembre de 2013

17 de Novembro

O tren levábanos ao mesmo destino, na misma dirección. Dormitaba entre estación e estación. Parándoseme o corazón na túa, e volvendo ao transcurso normal ao presenciar a túa ausencia. Aparente ausencia. Eu sentía que tiñas que estar aí, igual que o sinto cada vez que estás cerca. Ainda que ningún dos dous o saibamos. Saímos. O frío metéusenos no corpo e volveu a saír. Avanzamos uns metros. Tiven tentacións de coller un taxi. Pero non. Ía moi cargada. Parei un par de veces ata atoparte. En realidade ningún dos dous o pretendía. Pero ambos sabíamos de algún modo ou outro que algún día nos íamos atopar.. Ou quizáis ti non. E entón foi cando ocorreu. A túa presenscia rozoume, levantei a mirada e aí estabas. Acompañado dun grupo de rapaces, cargando equipaxe. O azar quixo que ti foses o máis próximo a min. E non sei como foi. Pero durante unha milésima de segundo cruzáronse as nosas miradas, cunha aparente indiferencia, cun falso vacío de sentimentos. O que non puidemos evitar foi o corazón desbocado, o fallo cardíaco, o impulso humano, o ardor nas meixelas. Cando reaccionei empecei a camiñar, con tal frenesí que obviara que me puxera diante túa no paso de peóns.. Foron sólo uns segundos, pero a pesar do sonido atronador dos cascos na miña mente, coa única intención de ensordecer os meus pensamentos, todo parecía pasar moi despacio. Escoitaba a túa voz as miñas espaldas. Escoitaba o eco do tempo e podería miralo aos ollos só con volver a cabeza cara atrás. Estabamos a escasos centímetros. A luz cambiou, iluminando a noite de plenilunio cun verde de resignación. E corrín o máis rápido que puiden cargada coas maletas. E tiña tentacións de volver a cabeza e gritar. Pero seguín correndo. Nin siquera vin a tua sombra na escuridade cando por fin frenei para coller un bus que nunca chegaría. Nin contaba con vela. Desapareciches no vacío da noite, na profunda escuridade. No frío infernal. Pero eu morría de calor. Fun consciente de que era domingo cando levaba un rato esperando o bus, que non daba chegado. E entón seguín percorrendo a pequena cidade, a velocidades inconsiderables para o peso que levaba conmigo. E cruceina enteira. E non sabía que sentir. De repente sentinme forte ante a situación. Só era capaz de escoitarme a min mesma. Superara o primeiro asalto. Comportárame como un ser humano. Cando estaba casi chegando dinme conta da posición da lúa, un reflexo brillante e mortecino sobre as nosas cabezas, onde quixera que estiveses nese momento, pero baixo o mesmo ceo, á mesma temperatura, co mesmo pensamento rondándote a cabeza. Sempre tiveches a irrevocable necesidade de creerte sentir máis forte, impenetrable cara o exterior, pero sabía exactamente o que che estaba pasando pola cabeza naquel preciso instante. Non esperabas atoparme aquí, xa o sei. E as nubes rodeaban a lúa, como un presaxio. E de repente, como unha película do pasado, unha sucesión incesante de imaxes, estaba aturdida. Cheguei a habitación e comecei a desnudarme. E o frío apoderouse do meu corpo. Chamei a casa e din indicios da miña valentía. Logo tiven ganas de bailar, de chorar.. E pouco a pouco conseguín afastar o pensamento que me aprisionaría, todo eso só si fose capaz de recordar. Pero os meus soños traicionáronme, coma sempre. E alí me atopaba unha noite máis, soñando coa túa presenza, como facía dende había tantos meses intermitentemente, pero sempre, ainda que fose nos soños mais inconscientes. E espertei e volvín a soñar desperta. O día hoxe amenceu gris e frío. Como reflexo dos teus ollos no mar. Como unha praia en inverno, cuberta de area branca, palidecida polo frío e non pola neve. Abrigada só pola calor dos namorados e dos valentes que arriscan a súa vida por un pedazo de océano.
Ningún dos dous poderemos olvidar nunca. Só temos que intentar curarnos desta ferida sangrante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario