miércoles, 4 de diciembre de 2013

Place de la République

Eres como unha folla a finais do outono, a piques de caer, quizáis soa, quizáis en bandada sobre o cabelo de calquera rapaza bonita. Quedarás aí prendido e non poderás volver saír. Non atoparás a misma calor noutros brazos. É increíblemente agradable despertarse no medio da noite recordando a cadencia da tua respiración no lado dereito da cama. Eu sempre ao extremo e o decorrer dos días na tua ausencia. Non hai forma de esquecer. O reflexo do sol no teu pelo, como un espello a pleno mediodía, unha áurea que vai todo arredor de ti, que encanta como encanta o mar. Quizáis un sorriso marcado ao longo do tempo, un recordo entre ascensores, escaleiras e corredores. Todo extreamadamente inevitable. E esos ollos que falaban máis que todas as nosas verbas. Atopando no outro todo o que sempre quixemos. Arriscamos e ganamos.
Un grande descubrimento. Quizáis o filtro dos días deforme as nosas realidades, convertidas en soños, convertidas en caricias e latexos do outro lado do noso universo. Como provocar unha catástrofe universal. Poderías ter todo o que quixeses e en cambio escolles a miña pel para vagar sonámbulo noite tras noite. A nosa única moeda de cambio foron os nosos sorrisos, en todo o discorrer dos días. E así seguirán sendo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario