miércoles, 4 de septiembre de 2013

Solpores

É imposible recordar o momento no que comezou todo, ou eso creo. O que sí é imposible é esquecer todos os demáis momentos. O outro día, cando xa o sono me cegaba despois de tantas horas de viaxe, e cando o cansancio de tanto esforzo físico se me viña enriba, houbo unha luz que me iluminou entre tantas outras. A pesar de perder xa o fío da conversa de maneira incesante dende facía horas, a luz daquela máquina expendedora fíxome sorrir e reuperar a lucidez. Canto tempo facía xa? Pois un par de anos quizáis. Qué felices fumos. Canto nos rimos. Canto conseguimos separarnos.. Eu creo que sempre me tiveches medo, ou algo similar. Cada canción acompañada dunha mensaxe. E sigo preguntándome cantos anos irán alá. Moitas cousas mudaron, incluso nós o fixemos. Tería que pedirche perdón por moitas cousas, e agradecerte tantas outras, pero quizáis non sexa o momento. Fai un par de días cruzaches a liña da maioría de idade, agora podes voar.
Naquel momento eran sempre as mismas cancións, as mismas rutinas. É moi posible que o recordes porque ti sempre o recordas todo, como recordas que nunca a lúa, en ningún punto deste mundo pode ser nunca máis grande que o dedo gordo da túa man, da igual dende onde a mires. Aínda que che pareza mentira pasaron xa máis de mil noventa e cinco días. Dise pronto, pero a min asústame. E aquí seguimos, igual de lonxe, pero sin esquecer.
Teño a esperanza de que algún día volvas falar conmigo, contándome as cousas como cando te despedías de min dicindo que me esperarías na segunda estrela a dereita, e logo todo recto ata nunca jamás. Pois alí espero, cumple moitos máis, e que sexan sempre así, e conmigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario