miércoles, 4 de septiembre de 2013

Luces de negra alerta

Non sei por qué, pero aínda se me dispara o corazón cando te vexo aparecer de lonxe. Metícheste na miña vida dunha maneira extraña, como calquera, eu xa sabía que existías, pero non así ata que te saquei da auga conxelado e te metín no meu barco. Excuso recordar as innumerables noites nas que me quitaches o sono por diversas razóns, pero atopei en ti alguén que me inquietaba. As cousas nunca foron fáciles para ningún dos dous, foron uns cuantos meses os que non saías da miña mente. Chegaches con frío e marchacheste cando comezou o calor do verán. Fixémonos feridas, pero todo iso xa está curado, é o tempo o que escorrega entre os nosos dedos. Houbo noites nas que bebíamos para non vernos, a pesar de estar a uns metros, para entrar nun bucle de esquecemento, que en realidade non conseguíamos vencer. Ambos choramos, calamos, rimos e bebimos. E agora respiro e penso, cantas cousas mudaron, e cantas siguen igual. Cambiáchesme. Moitas veces pensei en rendirme, pero cando me din conta, agora xa é setembro, acaso non pasou xa medio ano, sí, é posible. Pero cada vez que volves a atacar, o día é diferente, as túas bombas xa non poden acabar conmigo, pero sempre consigues perturbarme. Cantas veces pensei en abandonar, en rendirme, e non fun capaz, era superior a min. Agora iso xa non importa. Iso xa o cambiamos. Agora só espero que pasen un par de anos, e que aparezas pola miña porta contándome que foi de ti, ou que aparezas hoxe e non me deixes ir a durmir, contándome ata as tantas qué che pasa. Espero que as cousas boas que me facían soñar contigo non cambien nunca. Os bos amigos sempre deberían cumplir con un. Setembro é o mes da nostalxia, do fin de todo, do verán, do calor, da praia, do bo tempo, dos sorrisos, dos soños, das viaxes.. Pero o principio de outras, é a renovación do ano. Mudemos nós. Sigue sendo un novo ti, pero sempre o mesmo en setembro, sobra decir o que te quero, e que siga sempre así.

No hay comentarios:

Publicar un comentario