domingo, 29 de septiembre de 2013

Autumm

Cando os castiñeiros deixan mecer as follas ata que caen, e con elas os seus froitos, no momento no que volveu a chuvia e eu marchei, unha fronte de nubes invadiu os nosos horizontes e pousouse, e así, a mañá de domingo senteime na praia, para mirar o mar, o noso eterno mar. Así, dende lonxe. Eu xa sei que me viches, ti sempre me ves, dende o silencio. O día que colisionemos outra vez será como perder a respiración, como esquecerce de todo, eso sí, o noso corazón golpeará e golpeará como nunca, pelexará dentro de nós como dous nenos pequenos, como dous namorados, como o vento contra o meu cabelo un día de chuvia. Cando o frío se apodera de nós, non importa o que pase, que sempre haberá alguén capaz de facernos entrar en calor. Dende os extremos do universo avanea a nosa esperanza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario