domingo, 3 de abril de 2011

Lluvia


Preme aquí para ver esta foto.
Y entonces llovió, y volvió a llover. Sólo existían dos cosas, nosotros y la lluvia, ni siquiera el suelo que estaba bajo nosotros importaba, no notaríamos la diferencia si hubiese desaparecido, porque en realidad ni siquiera lo tocábamos.
Entonces escuchamos una historia, en una lengua que ambos conocíamos, que nos encantaba escuchar, y esperamos en silencio a que nunca se acabase, entre cada mirada.
"Supoño que todo sería diferente si aos quincee anos non decidise achegarme a ti. Non se trata de saber exactamente por que, senón de recordar que un día descubrín que non podía seguir vivindo sen estar contigo.
Era como se te vise en todas partes e ao mesmo tempo estabas tan lonxe... E iso que sempre estiveches aí, realmente ao alcance da man, como esperándome.E só tiven que dar o paso.
Ao principio era estraño algunhas veces. Aínda que hoxe descubro en ti cousas novas todos os días, daquela coñecíate pouco.
Lembras cando aquela profe de inglés me dixo que non eras unha boa compañía? Ou cando meu pai puxo aquela cara de pensar preocupado 'pois parece que isto vai en serio'?
Nin sequera podo imaxinar como tería sido eu se non decidise que ti formarías parte da miña vida. Tampouco se trata de se tería sido mellor ou peor senón de que sería sinxelamente diferente e é precisamente iso o que me resulta difícil imaxinar : vivir sen ti.
O que teño claro é que se decidín facelo foi porque me parecías interesante, porque contigo me sentía ben, porque me facías descubrir cousas, porque confiaba en ti e me dabas confianza e sabía que ti sentías o mesmo por min. E porque cando me dei conta souben que xa non era posíbel vivir sin estarmos xuntos. Que nos necesitabamos.
É curioso. Lembro como se sorprendía a xente que me coñecía cando comezou a vernos xuntos. Sorprendíanse porque estaba contigo, como se estivese facendo algo inesperado ou estraño, Ou prohibido. Parecían non comprendelo.
Non te coñecían o suficiente. Aínda que sempre lles gustaches máis ou menos, non confiaban en ti.
Pouco a pouco foron acostumándose e cambiando de opinión a medida que viron que o noso ía para adiante.
Demostrámoslles que se equivocaban e iso estivo ben.
Así que a miña vida correu por ese camiño contigo e foime ben e mal como a todo o mundo que ten sobra e respira: acabar os estudos, o paro, o primeiro traballo e, en fin, o resto das cousas que vivimos xuntos sabendo que o noso era para sempre.
Quería reflexionar un pouco sobre todo isto e recordar que decidir vivir contigo foi unha das mellores eleccións da miña vida.
Quería dicircho sinceramente: Cambiaches a miña vida e déboche tantas cousas..
Quería dicirche Grazas.
E quería dicirche que estou contigo, M. "
Y así nos quedamos, nos miramos, y sonreímos otra vez. La historia modificada, contada al oído y a media voz finalizó con un beso. Y volvió a llover.

1 comentario: