domingo, 19 de enero de 2014

We can't feel ordinary love

É imposible esquecer como zoaba o vento nas tardes de Outubro, cando as follas do outono quedaban escondidas entre o teu pelo que brillaba en harmonía coa luz do sol. Quizáis non sexa consciente da primeira vez que pasaches ao meu carón, da primeira vez que respiramos o mesmo aire, pero sí sei que houbo un día no que me resultou imposible xa ignorar a tua presenza. Son incontables xa as veces que a chuvia caeu sobre os nosos hombros, que sentimos o sol penetrar a nosa pel, o frío apoderarse dos nosos corpos e nós encendernos. Cando crimos que o descubriramos todo, descubrimos todo por primeira vez. Tantas cousas novas. Unha bágoa tímida no deserto dos silencios, iso somos nós. Eu vinte chorar nun lugar onde as persoas non saben facelo. Un bico afrutado nun mundo no que habita a esperanza, iso és ti.

No hay comentarios:

Publicar un comentario