jueves, 27 de febrero de 2014

Somos pó no aire da foresta.


Somos pó no aire da foresta. Lembranza dun tempo conxelado nos días nos que decidimos ser felices. Agora boto de menos o teu sorriso. O vento que corre entre as tuas pálpebras agora que comeza a nacer a primavera. Agora que cesan tódolos prantos eu ando en búsqueda do teu sorriso. Busco debaixo das pedras que nos escoitaron murmurar, busco no son dos latexos do teu corazón, un eco  lonxano da lúcida gargallada estreita perdida na estela dos nosos soños. Busco no ceo unha resposta, e o único que atopo é unha luz cegadora. Quizáis espero, quizáis non en van. As cores da madrugada cinsenta. A fermosura daquela brancura que se escapaba da tua boca, como pechabas os ollos e como se te escoitaba, como o reflexo daquel tesouro que tiñas invadía todo o que se atopaba no seu camiño. Eras capaz de conquistar o mundo con ela. Con ela viñeches a min e con ela tiveches que quedarte para sempre, era aquela mirada, sempre aquela mirada, pero era tamén ela. Acaricio a tua cara e volven a min todos os recordos. Quérote a ti, quero o teu sorriso. Bótoo de menos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario