lunes, 23 de diciembre de 2013

Postcards from far away

E de repente, comezou a chover, e choveu con toda a forza do mundo o ceo de vernos a cada un dun lado do noso mundo, separados, pero amándonos máis que o día anterior, e menos que o seguinte. O sentimento do regreso, tan temporal e quizáis insípido no tempo no que só busquemos nos brazos dos outros o que queremos nos nosos, nos dos nosos. E estalan dous mundos diferentes, e pasan a ser un só.  Sempre o foron. Atopamos a un no reflexo dos ollos do outro, nunha noite escura de Decembro, embriagados, confundidos polo calor daquela habitación, inconfundiblemente descubrimos na mirada a colisión dos sentimentos, da mesma mesura, pero imposibles de abarcar. É imposible botar tanto en falta, como eu te boto a ti. Agárrate forte, imos saltar. Quizáis o esforzo que supuxo atoparnos é o que nos fixo eternos, tendemos a valorar as cousas cando nos fallan, cando xa non están, en cambio nós somos capaces de saber o que temos, porque sabemos o que é estar sen el, e é o maior sufrimento. E nun colapso mental perdimos o coñecemento, desbordando toda a auga que abarcaba o prato da ducha. E foi entón cando nos dimos conta. Foi nese momento, en todos eses momentos. En todos eses ollares. En todos os despistes. En tódalas mañás azúis despuntando no horizonte, en tódolos montes que serven de escenario, en todo o mar, ao longo e ao ancho. Todas esas mañás do lado dereito do colchón. Todos os mediodías revolvendo a cociña e ordenando a habitación. Todas as noites convertidas en madrugadas outra vez. E todos os mellores anos da nosa vida. Todas as verbas ditas en silencio. Todas as cancións. E as cóxegas. E os bailes. As escapadas. A perseverancia. As miradas de complicidade. Sempre esas miradas. Deunos tempo a que cairan todas as follas, e que a neve chegara, e que o xeo conxelase todos os cumios, e fumos nós os únicos que non caimos no embruxo do frío, desfrutando do espectáculo, loitando contra el, descubrindo novas cousas. Somos inevitables. Quizáis o porqué está en que outros se esconden e ti non, mentras outros son túmulos blancos onde xermina a podredume ti falas para que te escoiten, quizáis porque outros van á sombra dos abrigos, ti vas da man cos perigos. Porque outros calculan e ti non, ti só amas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario