jueves, 5 de diciembre de 2013

Belén

Onte alguén falou da súa nai como unha heroína, e, por qué non. Din que o amor é o motor do mundo. As nais son o motor do mundo. Para empezar dánnos a vida, a nosa e a súa propia. Cada un é peculiar a súa propia maneira. É curioso que quen mais nos coñece nos siga confundindo. A miña familia en xeral é un conxunto admirable de seres curiosos e extremadamente interesantes. Pero non imos falar de intereses, senón de mulleres. Levamos un latexo acompasado, e coa vida dependente das nosas palabras. Sepáranos un fío telefónico, normalmente cando empeza a caer o sol. Eu nunca botei de menos. Pero facer afirmacións temporais tan extremistas sempre leva a un erro innegable.Agora para min o maior placer do mundo é chegar a casa no seu momento, por costume un venres pola tarde, e sentarme no sofá vermello, ao teu lado, contándoche as cousas que me pasaron, e as que non. E comezas a ver, cantas veces non gritamos, nos enfadamos. E que diferentes somos. Somos diferentes porque ti saes da cama cada mañá para loitar polos que te rodean, polos que queres e por xente que nin sequera coñeces, somos diferentes porque sempre que tes un rato libre ves aquí a reencontrarte conmigo, léndome liña tras liña, fielmente. Somos diferentes polo teu sorriso, polas tuas forzas para facerme loitar por todo. Porque cres en min cegamente, e cres que podo con todo o que se me poida poñer por diante. E con isto só quería desexarte que tódolos días sexan un bo día. E sempre contigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario