jueves, 5 de mayo de 2011

Amigo


Hoxe temos connosco a un veciño, a un amigo, a un pai, a un autor, a un mestre. Pois así, despois de tanto esperar atopámonos aquí coa ausencia de algún compañeiro que estará presente en alma ou virá máis tarde, porque morrería se non o fixese. Todos os que estamos nesta sala crecimos cos teus libros ou coa túa presencia, crecimos no teu ambiente, porque, afortunadamente témoste aquí, eres de carne e óso para nós, non coma moitos escritores que se nos fan lonxanos e imaxinarios, a ti podemos verte coma quen dí tódolos días. Din por aí que tódolos esforzos teñen o seu premio, e levando expectantes todo o curso estamos seguros de que nos farás viaxar coa musicalidade das túas palabras a outro mundo onde poidamos comprender mellor a túa maneira de pensar, onde poidamos poñernos no corpo dun escritor, onde aprendamos, onde nos traslademos a outras épocas, a outros lugares, ou simplemente poidamos ver cos ollos da realidade a nosa propia cidade. Dado que teño o papel de presentarte pois procurarei facelo o mellor posible, todos sabemos que eres de  Vigo, pero queremos que todos saiban que estudaches filosofía e que eres profesor ademáis de escritor. E débeseche dar moi ben isto de escribir porque tes prácticamente un premio por libro, estos premios tanto outorgados por adultos como por xente máis nova, tanto por libros como por artigos, porque tamén escribes artigos, ademáis de libros, que o saibas. Empezamos a sospeitar que tes algún tipo de truco para recibir tantos premios, e creo que te pillamos, resulta que tratas temas de actualidade, que toquen as persoas e que as encandilen, e secuéstralos nos teus libros ata a última páxina, así fixeches que esperásemos dende pequenos sen sabelo este día. Non falo máis que o protagonista deberías ser ti, e sen máis deixámoste que nos alimentes coa riqueza dos teus pratos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario