lunes, 21 de octubre de 2013

'

O bafo estala en cada respiración rompendo o aire e debuxando unha neblina leve no cristal frío das ventás. A chuvia bate contra elas dende o outro lado, mentres algúns poden mergullarse nela outros escollen os toldos das cafeterías como mellor cobixo. E entón foi cando creín que chegabas. Igual que sempre. E entón foi cando o tempo foi efímero, cando parecía que falábamos, que podía mirarte, que lle dabas luz a aquel día tan gris que xa cae, ainda que en ningún momento puido levantarse. E de súpeto, despois de uns cuantos minutos agardando tras a túa mirada, agardando o maior agasallo, tras tantas promesas de regresar, o semáforo púxose en verde, e o cruzar a rúa invadiume o frío máis invernal. Chegaron as ondas de neve e molleime coa auga que salpicaban os coches. Inevitablemente marcharas outra vez. Quizáis en ningún momento estiveras alí e só me deu tempo a soñar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario